Saltar ao contido

Estadio Modelo Alberto Spencer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estadio Modelo Alberto Spencer
Estadio Modelo de Guayaquil
Datos
Coordenadas2°10′44″S 79°53′40″O / -2.178861, -79.894369
LocalizaciónGuayaquil, Ecuador
Construción
Inauguración1959
Renovación1980 e 2001
ArquitectoMenatlas Quito C.A.
Estadio
SuperficieCéspede
Capacidade45.000
PropietarioMunicipio de Guayaquil
LocalíaRocafuerte FC, AD 9 de Octubre, CD Everest, CS Patria
Eventos
editar datos en Wikidata ]

O Estadio Modelo Alberto Spencer é un estadio de fútbol e atletismo situado no norte da cidade de Guayaquil, en Ecuador, que é propiedade do municipio guayaquileño. O estadio foi construído entre 1947 e 1959, e inaugurado o 24 de xullo de 1959. As súas bancadas teñen capacidade para acoller a 45.000 espectadores.

O nome oficial co que foi bautizado o estadio cando na súa inauguración foi Estadio Modelo de Guayaquil. En 2006 morreu Alberto Spencer, considerado o mellor xogador de fútbol da historia de Ecuador, e máximo goleador histórico da Copa Libertadores, e o nome do estadio foi modificado na súa honra. O seu alcume é El Coloso de la Avenida de Las Américas.

Situación do estadio en Guayaquil.

Durante moitos anos foi o fogar do Barcelona Sporting Club, un dos equipos máis laureados e populares do país, até que foi inaugurado o Estadio Monumental Isidro Romero Carbo. Durante varios anos tamén foi o fogar do Club Sport Emelec, o outro gran club da cidade, durante as diversas remodelacións do Estadio George Capwell. Actualmente acolle os encontros de varios equipos da cidade que xogan en divisións inferiores, como Rocafuerte FC, AD 9 de Octubre, CD Everest ou CS Patria.

Durante a edición de 1959 da Copa América tódolos encontros tiveron lugar neste estadio.

Á marxe de eventos deportivos, neste recinto teñen actuado artistas como Shakira, Maná, Juan Luis Guerra, Carlos Vives, Chayanne etc. En 2007 asistiron 46.000 persoas a un concerto da banda arxentina de rock Soda Stereo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]